Saturday 04 de May de 2024

Aberto o prazo de inscrición do curso de galego preparatorio para as probas Celga que organiza o concello de Riveira


O Concello de Riveira informa de que o Servizo Municipal de Normalización Linguística vai poñer en marcha un nova curso de galego preparatorio das probas Celga con motivo da celebración destes exames convocados para o mes de abril.

O curso desenvolverase entre o 2 de febreiro e o 31 de marzo, en horario de 20 a 22 horas, de martes a xoves. O lugar de celebración será o Centro Cultural Lustres Rivas.

Os interesados poden poñerse en contacto con Normalización Lingüística nestas dependencias (sitas na rúa Manuel Lustres Rivas, 20, 2º) ou tamén por teléfono (981 835 650) ou correo electrónico (normalizacion@riveira.com).

A inscrición estará aberta ata o 29 de xaneiro.